Fin de semana de podios para Froiz e XSM

Pontevedra
10 de xullo 2023

Na fin de semana previa ao Campionato de España de XCO, os títulos galegos da especialidade olímpica da bicicleta de montaña puxéronse en xogo este sábado na localidade lucense Outeiro de Rei, onde participaron as ciclistas do Supermercados Froiz Aroa Otero e Uxía Soto, e as do XSM Marta Estévez e Lorena Patiño

Campións galegos de XCO en Outeiro de Rei
Campións galegos de XCO en Outeiro de Rei

Na fin de semana previa ao Campionato de España de XCO, os títulos galegos da especialidade olímpica da bicicleta de montaña puxéronse en xogo este sábado na localidade lucense Outeiro de Rei, onde participaron as ciclistas do Supermercados Froiz Aroa Otero e Uxía Soto, e as do XSM Marta Estévez e Lorena Patiño.

Na carreira xuvenil feminina o podio foi para as escuadras pontevedresa e marinense, con Aroa Otero coroándose campioa, seguida de Marta Estévez, que foi segunda, e Uxía Soto, que rematou terceira.

Pola súa banda, a campioa estatal en categoría cadete Lorena Patiño, unha semana despois de renovar o seu título en Cartagena, retivo a camisola autonómica con autoridade. A prata foi para Lara Pita (Cambre-Renault Caeiro) e a medalla de bronce recibiuna Iris Fernández (Academia Postal-Maceda). 

Na carreira élite os grandes dominadores foron a grovense Lara Lois (RG Bikes) sumou o seu quinto campionato e o monfortino Saúl López (Academia Postal-Maceda), o cuarto.

Alejandro García (Academia Postal-Maceda) foi o campión da carreira junior masculino; Mauro Vega (Coruxo) foi o mellor dos cadetes; nos grupos de idade Raquel Estévez e José Ramón Villanueva (Código Bike) gañaron a máster-30; Silvia García (Bici Verde) e Jorge Aguín (Moto Bike), a máster-40; Antonio Rodríguez (Ourense Termal) foi o líder da máster-50, e Antono González (Salvetarra de Miño) gañou o máster-60.

A clausura da xornada púxose cunha cerimonia de entrega de premios na que participaron Pilar Méndez Lombao, concelleira de Deportes de Outeiro de Rei; Marcos Gascón e Miguel Ángel Arias por parte do Team Bike Outeiro de Rei; e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego.

GRAN FONDO ÉZARO

Durante a fin de semana tamén se celebrou o Gran Fondo Ézaro, no que a ciclista do Supermercados Froiz, Ana Portela, alzouse co primeiro posto da xeral da categoría feminina ao ser a máis rápida en completar o percorrido de 105 kilómetros e 2.000 metros de desnivel.

Nas carreiras masculinas Samuel Sánchez colgouse a medalla de ouro e Ángel Maneiro foi o segundo clasificado en categoría de 15 a 34 anos.