É o momento da verdade para o Pontevedra Club de Fútbol e nótase no ambiente.
A expectación crece conforme se achega a primeira das cinco finais que os granates deben aínda afrontar co play-off en xogo, con tres delas en Pasarón.
Este sábado 25 de abril (16.15 horas) visitará o coliseo pontevedrés o Celta Fortuna, segundo clasificado, e as promocións activadas para abonados granates unido á importancia do choque disparou a demanda de entradas.
Tanto é así que, do mesmo xeito que noutros encontros anteriores con promocións ou dunha gran importancia en liga e Copa, a bancada de Fondo Norte foi a primeira en colgar o cartel de completo.
A primeira hora deste xoves esgotáronse todas as localidades dispoñibles para esta bancada, á vez que os sectores centrais superiores do resto de bancadas tamén se van coloreando de gris no mapa do estadio, o que supón a venda total das butacas.

De feito tras o primeiro día de venda de entradas para o Pontevedra-Celta Fortuna, o propio club da Boa Vila confirmaba que despachara máis dun milleiro de localidades, o que unido aos seus ao redor de 4.000 socios comprometía xa a metade do aforamento de Pasarón.
Así mesmo tamén se venderon máis de medio cento de localidades do sector destinado á afección visitante.
Cabe lembrar que os socios do Pontevedra pode retirar unha entrada para un acompañante e para o seu mesma bancada a 1 euro até o fin de existencias e soamente online ou en oficina, xa que a promoción non estará dispoñible en despachos de billetes.
Para os demais, o prezo das entradas para público adulto é o habitual de 25 euros en Tribuna, 20 euros en Preferencia e 15 euros nos fondos.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.