O Froiz agárrase ao liderado da Copa de España de Ciclocrós e Lorena Patiño estréase con dobrete

Pontevedra
04 de novembro 2025
Actualizado: 8:48

Gonzalo Inguanzo salgue máis líder do dobrete de carreiras celebradas a fin de semana no País Vasco, mentres que Lorena Patiño abre a súa tempada de ciclocros con dous triunfos na categoría sub23

Gonzalo Inguanzo e Raúl Mira no podio da Copa de España de Ciclocrós en Marín
Gonzalo Inguanzo e Raúl Mira no podio da Copa de España de Ciclocrós en Marín / GD Supermercados Froiz

A Copa de España de Ciclocrós viviu a fin de semana unha dobre proba, a terceira e cuarta puntuable do campionato, no País Vasco.

Unha dobre cita na que volveu a ser protagonista o Grupo Deportivo Supermercados Froiz.

O seu corredor Gonzalo Inguanzo reforza o seu liderado elite. Foi segundo o sábado en Amurrio, superado por Kevin Suárez, pero repúxose o domingo para conseguir un gran triunfo sobre o barro do Ciclocrós Internacional de Karrantza.

Entrou na meta cunha vantaxe de 21 segundos sobre Mario Junquera, de 29 segundos sobre o galo Gilles Cyprien e de 34 sobre o seu compañeiro de equipo Raúl Mira, mellor sub23 e que tamén comanda a clasificación desta categoría.

Ademais Miguel Rodríguez asinou senllos sextos postos.

No País Vasco estreaba ademais a tempada de ciclocrós a marinense Lorena Patiño, tras o seu gran rendemento coa bicicleta de montaña (XCO).

A dobre campioa de España júnior foi a mellor sub-23 en Amurrio e en Karrantza.

Na primeira proba finalizou quinta a nivel absoluto a 1:20 da gañadora Lucía González e na segunda foi cuarta a 1:22 de Sofía Rodríguez.

Preto de entrar entre o dez primeiras quedou pola súa banda o sábado María Filgueiras (XSM), undécima e sendo a sexta mellor sub23.