O Froiz reencóntrase coa competición cun ouro e unha prata no Campionato Galego

Pontevedra
15 de xuño 2026

O equipo pontevedrés colgouse unha dobre medalla no Campionato Galego de Fondo na estrada celebrado no Porriño e ocupou o segundo chanzo do podio por equipos

Evaristo Portela e Manuel Rodriguez no Campionato Galego GD Supermercados Froiz

O regreso á competición deixou un bo sabor de boca ao Grupo Deportivo Supermercados Froiz.

Unha das grandes citas da fin de semana foi o Campionato Galego de Fondo na estrada celebrado no Porriño.

Alí o equipo pontevedrés subiu ao podio grazas a dous dos seus corredores, ademais de ser segundo na clasificación final por equipos.

Foi unha proba de 140 quilómetros de percorrido na que Christopher Morales foi protagonista na fuga principal. Chegou a marchar en solitario até pero foi interceptado polos seus perseguidores a 20 quilómetros de meta.

A carreira decidiuse ao sprint entre o catro integrantes do grupo sendo o máis rápido Alejandro Gomiz (XWS Racing), con Morales na seguna posición co mesmo tempo.

Quinto atravesou a meta Manuel Rodriguez, primeiro elite galego da competición e, por tanto, gañador do ouro autonómico. Iván Puentes pola súa banda foi o segundo mellor sub-23 galego.

A este campionato sumouse a presenza do Froiz na Volta a Estremadura, na que Joel Díaz foi quinto na primeira etapa e Mika Vijfvinkel terceiro na segunda.

Ademais na modalidade de gravel Juan Vidal redondeou a fin de semana do Froiz coa medalla de ouro no Campionato Galego, do mesmo xeito que Darío Armada en sub-23.