Fútbol contra a homofobia en Ribadumia

O Salnés
05 de agosto 2025
Actualizado: 21:45

O Campo Municipal A Senra 2 acollerá un partido de fútbol que busca visibilizar e loitar contra a homofobia no deporte, bautizado como 'Orgullo en Xogo'

Campo de fútbol da Senra, en Ribadumia
Campo de fútbol da Senra, en Ribadumia / Concello de Ribadumia - Arquivo

'Orgullo en Xogo'. Así se bautizou o partido de fútbol co que se pretende loitar desde Ribadumia contra a homofobia no deporte.

Trátase dun encontro que se disputará o próximo 12 de agosto no Campo Municipal A Senra 2.

Un evento que ten o obxectivo de promover a diversidade e a inclusión desde o terreo de xogo.

O encontro enfrontará ao Xuventude de Sisán e o Jugentud Cambados, incluíndo a lectura dun manifesto pola diversidade e a igualdade.

Organizado polo Xuventude Sisán con apoio do propio Juventud Cambados, a Asociación Gotas e o hotel Quinta de San Amaro, os seus responsables afirman que buscan chamar a atención ao mundo do deporte sobre a necesidade de crear espazos seguros e respectuosos para todas as identidades e orientacións, nun contexto no que a homofobia segue presente nos estadios de fútbol.

"Non hai constancia de ningún outro evento semellante en Galicia, e moi poucos en todo o Estado", aseguran.

'Orgullo en Xogo' terá presenza nas redes sociais animando á cidadanía a compartir a xornada con hashtags como #OrgulloEnXogo, #FútbolConOrgullo e #DeporteInclusivo.

O partido dará comezo ás 20.45 horas.

Presentación de Orgullo en Xogo
Presentación de Orgullo en XogoXuventude de Sisán