Un novo evento deportivo de categoría nacional nace en Pontevedra.
Trátase do I Trofeo Internacional Galaico-Ence de Natación.
Organizado polo Club Natación Galaico, a cita terá lugar no Complexo Deportivo Rías do Sur durante o sábado 7 e o domingo 8 de xuño.
Farao coa presenza de 17 clubs de Galicia e Portugal.
Son, en total, 444 os deportistas inscritos.

"Fóisenos un pouco das mans, porque non contabamos con case 450 nadadores nun trofeo privado e estamos a nos igualar cun campionato nacional", recoñeceu sorprendido o presidente do Galaico, Alberto Castro, na presentación do campionato.
Unha nova competición para nadadores e nadadoras desde a categoría benxamín ata a sénior que terán a oportunidade de buscar as marcas mínimas para o próximo Campionato Galego.
O Trofeo Internacional celebrarase na piscina de 25 metros.