Tras unha convulsa fin de semana na que se anunciaron as saídas de Víctor Eimil e Facu Ballardo e as fichaxes de Jerín Ramos, Adrián Argos e Ilias Charid, O Pontevedra Club de Fútbol anunciou este luns a baixa de Benjamín Garay de cara á tempada 26/27 en Primeira Federación.
Trátase dunha das saídas máis destacadas no que vai de mercado xa que o arxentino deixa o club tras tres tempadas como granate nas que logrou o ascenso a Primeira Federación.
Tamén formou parte da histórica Copa do Rei da tempada 24/25 na que o conxunto lerezano impúxose ao Levante, Mallorca e Vilarreal antes de caer pola mínima ante o Getafe.
Garay despídese con 91 partidos ás súas costas como xogador do Pontevedra contando liga regular, Copa do Rei e Copa Federación, un dato que fala da importancia do xogador nas últimas tempadas do club granate.
E a pesar de que foi unha das pezas fundamentais nas dúas últimas tempadas en Segunda Federación nas que se asentou como un fixo no once, as lesións non lle permitiron ter a continuidade desexada na pasada campaña en Primeira Federación.
O propio xogador quixo despedirse nas súas redes sociais cun comunicado no que expresa o seu agradecemento o club, compañeiros e afección.
"Creo que podo dicir que aínda que non nacín aquí, síntome un pontevedrés máis. Levarei sempre o granate no meu corazón", expresou Garay.
A súa saída únese ás xa coñecidas baixas de Montoro, Miki Bosch, Miguel Cuesta e Eimil nunha liña defensiva que só foi reforzada con Adrián Argos no que vai de mercado estival.
Tres anos defendendo con orgullo esta camiseta ♥️
— Pontevedra CF 🦴 (
🥹 Formaches parte dun ascenso inesquecible a Primeira RFEF e dunha Copa do Rei que quedará para sempre na historia do granatismo
Grazas por todo, Gara ♥️
Moita sorte, esta sempre será a túa casa. Un dous nosos 🫶🫂🏠 pic.twitter.com/Qjfhg5Pchr