Primeira fichaxe do Poio Pescamar para a próxima tempada 25/26.
Despois dunha serie de renovacións, o conxunto conserveiro confirmou este martes a súa primeira incorporación.
Trátase dunha moza aposta para a súa portaría, a de Yanira Guizán.
Con 19 anos, a gardameta chega ao conxunto conserveiro tras defender o último curso o FC Meigas de Bertamiráns na Segunda División.
Antes formouse na EDM Concello de Guitiriz ata o seu primeiro ano de xuvenil, cando saltou directamente a Primeira División co Viaxes Amarelle.
O seu bo rendemento valeulle estes anos convocatorias coas seleccións españolas sub-17 e sub-19.
Esta tempada precisamente na Selección Española Sub-19 coincidiu coa vermella Miri.
Yanira é a sétima peza do novo proxecto deportivo do Poio Pescamar, xunto á renovadas Candela, Elena González, Ale de Paz, Martita, Èlia e Chuli.