Un fin de semana redondo para a Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
O club da Boa Vila exerceu de anfitrión coa celebración nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) do Campionato Xunta de Galicia de Clubs Absoluto ao aire libre.
Unha competición na que se reivindicou cun celebrado dobrete, vencendo tanto en categoría masculina como feminina.
No que respecta á competición masculina, a Gimnástica sumou 136 puntos polos 113 do RC Celta e os 91 do Marineda Atlético, segundo e terceiro respectivamente.
Pola súa banda en categoría feminina a pontevedresa dominaron con 130 puntos secundadas no podio polo Club Ourense Atletismo (119 puntos) e o Atletismo Feminino Celta (114 puntos).

Destaca a entidade pontevedresa a actuación da súa canteira de atletas, e é que a veteranos como Carlos Porto cun segundo posto nos 3.000 metros, o máster Sergio Rodríguez sendo o mellor nos 200 metros ou Pedro Osorio no 1.500, sumáronselle deportistas que empezan a descatar en categoría absoluta como o sub-23 Pepe Sánchez del Valle, segundo nos 3.000 obstáculos, o sub-20 Mauro Vázquez cun cuarto posto nos 100 lisos ou Eloy Acuña sendo segundo en peso.
A Ximnástica destaca tamén no equipo feminino o segundo posto de Carlota Vázquez nos 100 valos ou o terceiro da sub-16 Lía Vázquez na pértega.
Sabela Martínez, Paula Fernández ou Lía Caride remaron para o equipo pontevedrés nun campionato que non puido disputar unha das puntas de lanza do equipo, Lucía Sánchez del Valle, convocada por Galicia para o Campionato de España de Combinadas por Federacións Autonómicas.
Nesa cita a Selección Galega alzouse co título nacional.