O Gimsport planta cara aos mellores karatecas do país

Pontevedra
13 de maio 2026

O club pontevedrés participou con varios dos seus deportistas no Campionato de España de Karate celebrado no Palacio dos Deportes de Oviedo

O Gimsport, no Campionato de España de Karate en Oviedo
O Gimsport, no Campionato de España de Karate en Oviedo / Real Federación Española de Karate

O Palacio dos Deportes de Oviedo foi escenario o pasado 9 de maio do Campionato de España de Karate.

Até alí desprazouse o Gimsport pontevedrés para medirse aos mellores karatecas do país.

Fíxoo ademais con resultados notbales, como a novena posición conseguida por Borja González Puga en kata xuvenil masculino.

Tamén a de Ariadna Álvarez Guadarrama, que quedou cerca do bronce sendo quinta en kata infantil feminina. Ademais participou na modalidade de kumite feminino de menos de 30 quilos.

Pola súa banda, Jesús Gabriel Torres Simal representou o Gimsport en kata infantil masculino, e aínda que non logrou pasar da primeira rolda sumou unha importante experiencia.

El Gimsport, en el Campeonato de España de Karate en Oviedo
O Gimsport, no Campionato de España de Karate en OviedoReal Federación Española de Kárate

Xunto á súa participación no Campionato de España, o club pontevedrés tivo presenza internacional en datas recentes competindo no IX Campionato Internacional de Karate de Monçao, celebrado nesta ocasión en Salvaterra do Miño con preto de 500 deportistas inscritos.

Nese torneo Axel Gil Losada conseguiu unha destacada segunda posición en kata 8 e 9 anos.

Tras estas citas o Gimsport mira xa cara a outras grandes competicións como o Campionato de España na categoría de kobudo que se celebrará a fin de semana en Murcia e ao que acudirá o seu deportista Álvaro Sánchez Suárez.

El Gimsport, en el Campeonato de España de Karate en Oviedo
O Gimsport, no Campionato de España de Karate en OviedoReal Federación Española de Kárate

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora