O Gimsport lócese no Campionato Galego de Karate

Pontevedra
16 de febreiro 2026
Actualizado: 20:38

O club pontevedrés logrou dous ouros, oito pratas e tres bronces, que lle valeron para ser quinto no ranking absoluto e sétimo no de clubs

Integrantes do Gimsport no Campionato Galego Absoluto de Lalín
Integrantes do Gimsport no Campionato Galego Absoluto de Lalín / Club Gimsport

"Sobresaliente" actuación do Club Gimsport no Campionato Galego Absoluto e de Clubs 2026 celebrado no Lalín Area.

Organizado pola Federación Galega de Karate e Disciplinas Asociadas, o evento reuniu a 350 karatecas de 30 clubs galegos, consolidándose como epicentro das artes marciais en Galicia.

O equipo pontevedrés subiuse ao podio nas modalidades de kata, kumite e kobudo, tanto individuais como por equipos, logrando o quinto posto no ranking absoluto e o sétimo no de clubs.

O Club Gimsport conquistou a medalla de ouro en Kata Equipos Infantil Mixto, con Ariadna Álvarez Guadarrama, Axel Gil Losada e Dominique de Andrés Sousa, e en Kobudo Equipos Xuvenil Mixto, da man de Nerea e Lara Álvarez.

As pratas chegaron en Kata Equipos Xuvenil Mixto, con Borja González, Jesús da Torre e Álvaro Sánchez; en Kumite Sénior Masculino +84kg, con Diego Cancela; en Kumite Veteranos Masculino 46+, con Juan Sánchez; en Kobudo Sénior Mixto, con Juan Sánchez; en Kobudo Equipos Sénior Mixto, con Juan Sánchez e Álvaro Sánchez; e en Kobudo Alevín-Xuvenil Mixto, con Álvaro Sánchez.

O bronce leváronllo Anxo Álvarez, Enrique Canosa, Carlota Carrera e Raquel Carrera, en Kata Equipos Benjamín Mixto; Nerea Álvarez, en Kobudo Alevín-Xuvenil Mixto; e Diego Cancela, en Kobudo Sénior Mixto

Esta actuación, destacan desde o club, "supón un novo fito na traxectoria deportiva, reafirmando a aposta pola formación, constancia e compromiso".