Co obxectivo de conseguir a permanencia na máxima categoría do fútbol sala feminino, o Marín Futsal continúa reforzando o seu plantel e xa son dous as fichaxes realizadas polo club durante o mercado de inverno.
Despois de anunciar a chegada de Giselli Portes, o cadro marinense confirmou a incorporación da moza Gislaine Ribeiro 'Giba'.
A futbolista brasileira de 22 anos xoga na posición de á e aterra en Marín procedente do Sala Zaragoza, equipo ao que chegou con tan só 19 anos.
Desde A Raña sinalan que se trata dunha xogadora "nova pero coñecedora da liga española".