'Gladiadores' da BRILAT e campións do Mundo por equipos

Pontevedra
19 de setembro 2016

O equipo 'Los Vengadores', formado por integrantes da Brigada Galicia da BRILAT, proclamouse a fin de semana en Londres campión do OCR World Team Championships, campionato mundial de carreiras de obtáculos 

Equipo 'Los Vengadores' no OCR World Team Championships
Equipo 'Los Vengadores' no OCR World Team Championships

A Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable (BRILAT) con base en Pontevedra conta nas súas filas cuns auténticos 'gladiadores', convertidos desde esta fin de semana ademais en campións do Mundo.

O equipo 'Los Vengadores', formado por soldados da Brigada Galicia, impúxose en Londres no OCR World Team Championships, campionato mundial de carreiras por obstáculos, a semellanza da Gladiator Race que se organiza desde hai dous anos en Pontevedra.

Auga, barro, obstáculos naturais ou suspendidos no aire, onde o traballo en equipo era fundamental, foron algunhas das dificultados que tiveron que superar nos 10 quilómetros de percorrido.

O equipo da BRILAT estaba composto polos soldados Alberto Dos Reis González, Omar Ruda Orozco, Jesús Montoto Vazquez e Cristhian Zarta Muñoz, e alcanzou a meta co menor tempo de todos os particpantes, en 50 minutos e 2 segundos.

A competición celebrouse nas inmediacións do londiniense Pippingford Park.

O segundo posto foi para outro equipo español, 'El Naturalista Team' de Navarra, actual líder da liga nacional OCR, mentres en terceiro lugar concluíu o equipo holandés 'Spartan Fit'.