O Pontevedra CF sumou unha nova vitoria nesta pretemporada. Sen tempo para descansar despois do atopo fronte ao Racing Villalbés o día anterior, o técnico local, Ángel Rodríguez, apostou por un once diferente contra o Juvenil de Ponteareas, rotando á maioría de xogadores salvo a Samu Araújo, Jacobo López e Miguel Román, que repetiron titularidade. A aliñación completárona Álvaro Cortés, Samu Santos, Pacheco, Jaichenko, Romay, Charles, Iñaki e Martín Diz.
Non houbo goles durante o primeiro acto a pesar da presión alta do equipo granate, que axexou a portería local durante os primeiros instantes xerando múltiples ocasiones pero sen lograr mover o marcador.
Co paso dos minutos o partido foise abrindo, o Juvenil de Ponteares empezouse a sentir máis cómodo e mesmo chegou a rozar o gol cun disparo afastado que deu no traveseiro.
Xa na segunda metade, cando se cumpría a hora de partido, chegou o gol que tanto buscou o Pontevedra. O capitán Álex González recibiu un balón na frontal á saída dun córner e sacou un zambombazo que se coou nas mallas, lonxe do alcance do gardameta.
Sen tempo para asimilar o tanto, apareceu Oier Calvillo tres minutos despois para marcar a balón parado. O extremo granate, de falta directa, fixo o 0-2 e, xa cando quedaban menos de 10 minutos para a conclusión, Álex González pola banda esquerda aproveitou unha xogada de contragolpe para chegar a liña de fondo e servir ao 11, que asinou o seu dobrete e o 0-3 co que concluíu o duelo.
A pesar da vitoria, Ángel Rodríguez mostrouse crítico cos seus xogadores. "Lo que he visto me ha gustado a medias", explicou tras o partido, "hay que mejorar muchísimo, nos falta fluidez en el fútbol, velocidad y sobre todo definición. Estamos creando muchas ocasiones y no hemos hecho gol".
Tamén declarou que esta semana a afrontarán de maneira diferente ao tratarse da terceira semana de pretemporada. Abandonando un poquito el apartado físico para centrarnos en cómo queremos jugar y en cómo se mueva la gente, y a partir de ahí crecer como equipo y llegar en las mejores condiciones al inicio de liga" concluíu.