Segue a súa marcha imparable o Ribadumia. O equipo que dirixe Gabi Leis deu boa conta dun sempre complicado As Pontes, ao que desbordou nunha primeira parte brillante, cun xogo baseado nunha ordenada defensa e un ataque no que Sylla segue crecendo a cada partido, mentres o veterano Changui vai camiño de destruír todos os rexistros goleadores nunha tempada.
Pouco tardou o conxunto da Senra en inaugurar o marcador e fíxoo precisamente da man de Sylla, que aproveita unha xogada de Changui para bater a Marcos. O segundo viría a consecuencia dun penalti cometido por Marcos sobre Ismael, que Changui non desaproveita.
Antes de irse ao descanso o Ribadumia deixaba sentenciado o partido cun terceiro gol, obra de novo de Changui, tras roubar un balón na zona ancha e encarar o porteiro para batelo con tranquilidade.
Ao pouco de continuarse o partido Sergio Arias recortaba distancias, pero o Ribadumia soubo controlar sen permitir máis achegamentos con perigo á área de Javi Sánchez, ata que no tempo engadido os aurinegros redondeaban a goleada por medio de Adrián Padrón, a pase do omnipresente Changui.
CD RIBADUMIA (4): Javi Sánchez; Pacheco (Nelo, min. 68), ÿscar Río, Miguel Vázquez, Arán, ÿscar Guimeráns, Sidibé, Sylla, Álex (Adrián Padín, min. 58), Changui e Ismael (Adrián Padrón, min. 82).
CD AS PONTES (1): Marcos; Rochela, Hugo, Chote, Aitor Díaz, Fidi, Iván González, Jorge Nano (Juan, min. 46), Sergio Arias, Chicho (Álex, min. 75) e Pablo Domínguez (Sergio Criado, min. 65).
Árbitro: Daniel Arias Penas (Vigo), auxiliado nas bandas por Daniel Álvarez Domínguez e Miguel Ángel Pérez Torres. Amoestou a Sylla, Pacheco e Sidibé polo Ribadumia e a Marcos por As Pontes.
Goles: (1-0) Minuto 11: Sylla. (2-0) Minuto 34: Changui. (3-0) Minuto 40: Changui. (3-1) Minuto 46: Sergio Arias. (4-1) Minuto 91: Adrián Padrón.
Incidencias: Campo Municipal da Senra (Ribadumia). Uns 300 espectadores.