Goleada do Arosa (3-0) sobre un Ribadeo que paga caro o seu atrevemento

O Salnés
27 de abril 2015

Os tres puntos permiten ao Arosa situarse a cinco do cuarto posto que ocupa o Choco, aínda con opcións de disputar o play-off

Os xogadores do Arosa felicitan a Quique Cubas tras conseguir un dos goles fronte ao Ribadeo na Lomba
Os xogadores do Arosa felicitan a Quique Cubas tras conseguir un dos goles fronte ao Ribadeo na Lomba / Arosa SC

O atrevemento co que o Ribadeo se plantou na Lomba pasoulle factura en forma de goleada. O Arosa saíu convencido de que esta era a súa última oportunidade de engancharse ao tren de cabeza e marcou rápido, abrindo unha vantaxe de dous goles antes do minuto 20 que lle permitiu manexar o partido ao seu antollo.

Quique Cubas reencontrouse co gol despois dunha longa seca, conseguindo o primeiro tanto aos 11 minutos. Logo Eloy poñía un centro medido á área para que Nando batese a Javi Liz cun gran remate de cabeza.

Co 2-0 o Arosa cedeu o balón aos visitantes, que poñerían en apuros a Jorge en dúas ocasións. Primeiro cun disparo de Santi, e posteriormente nun remate de cabeza de David que se vai por enriba do longueiro.

A segunda parte seguiu con ocasións dun atrevido Ribadeo, pero sería o Arosa o que sentenciara cun novo gol de Quique Cubas apenas cumprida a hora de xogo. O delanteron desfaise dun defensa e bate a Javi Liz.

Os tres puntos permiten ao Arosa situarse a cinco do cuarto posto que ocupa o Choco, aínda con opcións de disputar o play-off.

AROSA SC (3): Jorge; Juanjo, Nano, Martín, Alfonso, Rivas, Nando, Juan Rodríguez (Pablo Vázquez, min. 83), Quique Cubas (Javi Pazos, min. 75), Adrián Camiño e Eloy (Gregorio, min. 49).

RIBADEO FC (0): Javi Liz; Fernando, Isma (Adrián, min. 69), Coki, Álex, Dapo, Rafa, Miguel (Jacob, min. 69), Cris, Santi e David (Cube, min. 78).

Árbitro: Rubén Extremadura Hernández (Vigo), auxiliado nas bandas por Cristian Vázquez Martínez e Carlos González Fernández. Amoestou a Juanjo e Nano, polo Arosa, e a Álex, Miguel, Santi e David, polo Ribadeo.

Goles: (1-0) Minuto 11: Quique Cubas. (2-0) Minuto 18: Nando. (3-0) Minuto 61: Quique Cubas.

Incidencias: Campo Municipal da Lomba (Vilagarcía de Arousa). Uns 500 espectadores.