Pode Javier Gómez Noya ser o abandeirado español nos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro? Sen dúbida, por palmarés deportivo, poucos deportistas poden competir co pentacampión do Mundo de tríatlon.
Só, quizais, o tenista Rafa Nadal, que xa foi designado abandeirado en Londres 2012 pero que non puido gozar de tal honra ao lesionarse e ter que renunciar á cita olímpica.
Por este motivo, na plataforma Change.org impulsouse nos últimos días unha petición, dirixida ao Comité Olímpico Español (COE), para que Gómez Noya sexa o representante que porte a bandeira no desfile inaugural de Río 2016.
O impulsor, o cordobés Rafael Soria, recoñece na súa exposición que "sabemos que ser campión olímpico é un factor diferencial para o COE á hora de elixir ao abanderado español nuns Xogos Olímpicos", pero trátase dunha condición "que Javier non cumpre por 11 segundos" e que esperan "logre este mes de Agosto".
Se crees que e Javier Gómez Noya o merece, podes asinar aquí a petición.