Gómez Noya abandona no IRONMAN 70.3 Tasmania

Pontevedra
04 de febreiro 2024

O pontevedrés partía como un dos grandes favoritos para levar o único slot en xogo para o Campionato do Mundo Ironman, pero de novo a mala sorte xogoulle unha mala pasada e tivo que abandonar durante o segmento ciclista

Javi Gómez Noya no Ironman de Cascais Ironman

Malas noticias para Gómez Noya no segundo Ironman 70.3 do ano disputado en Tasmania.

O pontevedrés partía como un dos grandes favoritos para levar o único slot en xogo para o Campionato do Mundo Ironman, pero de novo a mala sorte xogoulle unha mala pasada e tivo que abandonar durante o segmento ciclista.

Javier Gómez Noya foi o marcou o ritmo no segmento de natación nas frías augas do rio Derwent. O triatleta galego foi o primeiro en percorrer os 1.900 metros cun tempo de 23:48 e 22 segundos de vantaxe sobre o trío perseguidor formado por Michael Boult (Australia), Braden Currie (Nova Zelandia) e Mitch Kibby (Australia).

No tramo ciclista, de máis de 1.100 metros de desnivel, foi o punto crave da carreira. Braden Currie foise ao chan nos primeiros quilómetros por culpa do asfalto mollado, e Cameron Wurf (Australia) e Nick Thompson (Australia) chegaban pronto a unha cabeza de carreira onde estaban Mitch Kibby e Gómez Noya.

Con todo, a pesar de aguantar aguantar 20 quilómetros tras eles, tanto Wurf como Thompson comezaron a abrir oco respecto a Kibby e o pontevedrés para chegar á metade do percorrido con 1:35 de renda.

A partir de aí, os segundos do galego foron en aumento, pero os problemas mecánicos obrigáronlle a retirarse da carreira.

Finalmente o gañador foi Nick Thomson, que culminou a proba cun tempo de 3:54:10, seguido por Mitch Kibby (3:58:07) e Cameron Wurf (4:00:01).