Gómez Noya arrasa no Ironman 70.3 disputado en Australia

Pontevedra
17 de febreiro 2019

Coa primeira vitoria da tempada do galego, este clasifícase para o Campionato do Mundo Ironman 70.3 que se disputará en Niza

Gómez Noya na línea de meta do Ironman 70.3 de Geelong
Gómez Noya na línea de meta do Ironman 70.3 de Geelong

Gómez Noya triunfa alá onde vai. A última vitoria conseguiuna a noite deste sábado en Australia. O galego comezou a tempada por todo o alto ao finalizar primeiro o Ironman 70.3 que se disputaba esta fin de semana na cidade australiana de Geelong.

Co ouro, Noya logrou o que dixo que era o seu obxectivo máis próximo: unha praza no Campionato do Mundo Ironman 70.3, que se celebrará o próximo mes de setembro en Niza. Con todo, para clasificarse, este tan só necesitaba finalizar a proba.

A ausencia do campión das pasadas edicións de 2017 e 2018, Sam Apleton, deixaba como favorito ao triatleta galego xunto con Josh Amberger, que cruzou a liña de meta na segunda posición.

Ao redor das 21:00 horas españolas (7:00, hora local), comezaba a competición coa proba de 1.900 metros de natación. Gómez Noya foi o segundo en saír da auga por detrás de Amberger, que, con todo, sufriu problemas na transición, o que lle fixo comezar o tramo en bicicleta con máis de dous minutos de atraso. Isto favoreceu a Javier, que liderou os 45 quilómetros de ciclismo nun grupo de cinco homes. Nos últimos metros da mesma, o neozelandés Matt Franklin adiantou ao galego, sacándolle unha vantaxe de cinco segundos. Pero non foi problema para Noya, que rapidamente remontou na carreira a pé. Finalmente, arrasou na primeira xornada da tempada cun tempo de 3:45:23, seguido de preto por Amberger (3:49:38) e Tim Van Berkerl (4:36) algo máis atrasado.

Consulta os tempos completos de Javi Gómez Noya.