O Pazo da Cultura de Pontevedra será escenario o vindeiro domingo 29 de outubro, a partir das 11:30 horas, dunha xornada especial.
Javier Gómez Noya será o protagonista dun evento organizado por un dos seus patrocinadores, que consistirá na celebración dun tríatlon popular para dar a oportunidade aos afeccionados ao deporte para medirse a todo un pentacampión mundial ITU de tríatlon.
Os participantes poderán anotarse a unha das tres disciplinas deportivas do tríatlon, acompañando en cada un dos sectores a Gómez Noya.
A inscrición é de balde cun límite de 150 prazas para os 1.500 metros de natación previstos no percorrido, outras 150 prazas para os 18 quilómetros de ciclismo que se completarán e por último outras 400 prazas para a carreira a pé, con 8,6 quilómetros de lonxitude.
Os interesados en participar poden anotarse na web www.championchipnorte.com.