A Sociedad Deportiva Teucro continúa coa súa planificación de face á próxima tempada, co claro obxectivo de regresar á División de Honra Prata.
Tras confirmar a continuidade do seu capitán, Caue Herrera, o club fixo oficial dous movementos máis coa renovación do central Gonçalo Areias e a fichaxe do gardameta Pablo González.
O central portugués de 28 anos converteuse nunha das pezas fundamentais no ataque do equipo e cumprirá a súa terceira campaña no club, ao que chegou na 2021-2022 para regresar a pasada tempada.
Pola súa banda, o porteiro de 23 anos incorpórase á disciplina teucrista procedente do BM Reconquista de Vigo, achegando mocidade e seguridade baixo os paus.
Seguimos coas boas noticias!
— SD Teucro (
Anunciamos con moita ilusión a fichaxe de Pablo González, porteiro procedente do BM Reconquista de Vigo.
Benvido á familia azul! pic.twitter.com/cMqxofBkkgsdteucro) June 10, 2025
MESA REDONDA PARA CONMEMORAR OS 80 ANOS DE HISTORIA
Nun evento que reuniu a máis de 200 persoas, o vicedecano celebrou este venres o segundo do cinco actos programados para conmemorar o seu 80 aniversario.
O Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra foi escenario dunha mesa redonda dirixida e moderada polo xornalista Xabier Fortes, quen realizou un percorrido pola historia do club, prestando especial atención aos gloriosos ascensos a División de Honra nas tempadas 1972-73, 1982-1983 e 1988-89.
Desde o club sinalaron que o acto foi tamén unha homenaxe "a todas as persoas que fixeron posible este camiño" porque, para eles, "falar do Teucro é falar de Pontevedra, da súa xente e dun sentimento que aínda pervive no recordo de moitos pontevedreses".