Gonzalo Carró, intervido da súa lesión no ombreiro: "Ha ido todo perfecto"

Pontevedra
20 de agosto 2020

O xogador do Cisne, un das fichaxes do equipo para o seu debut en Asobal, foi operado con éxito este xoves na Coruña. Por diante ten agora aproximadamente 5 meses de recuperación ata poder volver ás pistas de xogo

Gonzalo Carró, tras ser operado do ombreiro no Hospital Modelo da Coruña
Gonzalo Carró, tras ser operado do ombreiro no Hospital Modelo da Coruña / Club Cisne Balonmano

A peor parte xa pasou e Gonzalo Carró empeza a descontar as follas do calendario para volver ás pistas de xogo e poder debutar co Club Cisne no ano da estrea do club pontevedrés na Liga Asobal.

O pivote, un das fichaxes do equipo este verán, foi operado con éxito este xoves no Hospital Modelo da Coruña da lesión que se produciu no seu ombreiro esquerdo durante un dos adestramentos de pretempada.

En concreto Carró, ademais dunha luxación na articulación, produciuse unha rotura parcial no labrum, unha lesión complicada no mundo do balonmán. Por fortuna "Ha ido todo perfecto", recoñece tras unha intervención cirúrxica que durou aproximadamente dúas horas.

Por diante quédanlle agora preto de 5 meses de recuperación antes de volver xogar, aínda que "el doctor cree que al no ser el hombro lanzador en 3 o 4 meses podré ya empezar a entrenar", explica o coruñés esperanzado en poder axudar ao seu equipo esta campaña.

Polo de súpeto pasar polo quirófano "era lo primero que me quería sacar de encima para empezar a contar los días", recoñece. Actitude e ganas de recuperarse non lle faltan.