Granollers, agora si, primeira parada do Cisne en Asobal

Pontevedra
08 de setembro 2020

Tras o aprazamento das primeiras xornadas, o club pontevedrés debuta este mércores (20.00 horas) na máxima categoría na cancha dun histórico como o Granollers

Adestramento do Cisne no Pavillón Municipal dos Deportes
Adestramento do Cisne no Pavillón Municipal dos Deportes / Mónica Patxot

Tras o aprazamento das primeiras xornadas, chegou por fin o momento do debut do Club Cisne Balonmán na Liga Asobal.

Farao o club pontevedrés nunha pista con moita soleira, a do decano do balonmán nacional, o Balonmán Granollers este mércores ás 20.00 horas.

Será unha esixente proba para un conxunto que apenas disputou tres encontros amigables entra pretempada, ao verse prexudicado polas limitacións do protocolo Covid autonómico. Polo menos o último, ante o Atlético Novás, supuxo para os de Jabato a súa primeira vitoria do curso para impulsar a súa moral ante un ano que se prevé moi duro na pelexa por salvar a categoría.

A dura travesía na procura de recursos económicos para confirmar o seu salto á elite, unida a unha longa pretempada, pon o seu fin deste modo para un Cisne que viaxa a terras catalás con ganas de mostrar que non chegou á Asobal para estar de paso.

Iso si, o rival no debut é en grao sumo esixente que podería ter o cadro pontevedrés, xa que fronte a eles estará "un equipo que está muy compensando en todas las líneas", recoñece Marcos Otero 'Quiños'.

O segundo adestrador ve no Granollers a un conxunto "bastante completo", polo que cre que a receita para pelexar polos puntos será "intentar forzar situaciones que nos permitan correr y sobre todo tener paciencia en ataque porque es un equipo que cualquier pérdida que tengan te la castigan".

A ilusión seguro que o equipo catalán non gañará ao Cisne.