Gonzalo Carró sofre unha luxación no seu ombreiro esquerdo e pasará polo quirófano o vindeiro xoves

Pontevedra
16 de agosto 2020

O regreso a Liga Asobal do pivote hispano-arxentino Gonzalo Carró (Chalo) viuse truncada pola súa lesión de ombreiro esquerdo pola que terá que ser intervido o vindeiro xoves na Coruña, segundo anunciou o Cisne

Gonzalo Carró durante un adestramento do Teucro no Municipal
Gonzalo Carró durante un adestramento do Teucro no Municipal / Mónica Patxot

O regreso a Liga Asobal do pivote hispano-arxentino Gonzalo Carró (Chalo) viuse truncada pola súa lesión de ombreiro esquerdo pola que terá que ser intervido o vindeiro xoves na Coruña, segundo anunciou o Cisne. O xogador cisneísta sufriu unha luxación tras caerse nun adestramento.

"Intento ser positivo", comenta o xogador, "uno no se quiere perder ningún partido". Aínda así, afronta a situación da mellor maneira posible pensando xa na recuperación.

O médico estima que os tres ou catro primeiros meses serán de adestramentos sen contacto e, a partir do quinto ou sexto, xa poderá adestrar con normalidade co grupo.

Con respecto á suspensión do torneo do Rosal que se ía a disputar en Portugal, o pivote asegura que "no ayuda estar sin afrontar amistosos de nivel". O inicio da tempada, nun principio, está 'ao virar a esquina', pero Chalo ve un punto a favor para o equipo que "se conocen todos y casi no ha habido nuevas incorporaciones".