A falta dunha proba para que chegue ao seu fin a Copa de España de Ciclocrós, o Grupo Deportivo Supermercados Froiz conseguiu agarrar a camisola de líder na clasificación xeral sub-23 masculina.
Fíxoo por medio do seu corredor Gonzalo Inguanzo, segundo este domingo no IX Ciclocross de Alcobendas.
O cántabro do Froiz protagonizou un bonito duelo co elite Ismael Esteban, que finalmente se impuxo con 34 segundos de diferenza. Terceiro, a 51 segundos do vencedor, foi Mario Junquera.
A clasificación xeral da Copa de España, a falta da última cita puntuable o 19 de decembro en Tarancón, segue comandada por David van der Poel, pero agora con Inguanzo como mellor sub-23.
A representación do Froiz en Alcobendas completárona por unha banda Miguel Rodríguez cun cuarto posto na xeral e un segundo sub-23, e polo outro Uxía Soto e Laura Mira, que non tiveron o seu mellor día ao verse afectadas por un problema mecánico e unha caída respectivamente.