O Grupo Deportivo Supermercados Froiz fixo oficial a fichaxe do ex profesional do Caixa Rural, Carmelo Urbano. O mozo corredor de 24 anos, conta cun gran palmarés ás súas costas e axudará á escuadra alimenticia a afrontar a tempada 2022.
Urbano chega ás filas do Supermercados Froiz despois de ser campión de España sub-23, gañador da Volta a Bidasoa e vencedor das dúas etapas da Volta Navarra e Volta Cantabria.
Aínda que como profesional non conseguiu ningunha vitoria, si realizou grandes actuacións para colocarse nos top10 xunto a grandes rivais do ciclismo.
A escuadra alimenticia confía en que o malagueño sexa un dos líderes durante a próxima campaña.