Gran final de partido do Waterpolo Pontevedra en Zaragoza para facerse coa vitoria (11-13)

Pontevedra
16 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Terceira xornada da fase pola permanencia en Primeira Nacional Feminina e segunda vitoria para o Waterpolo Pontevedra tras superar á Escuela Waterpolo Zaragoza por 11-13. A pesar de que o equipo zaragozano ocupa a sexta posición a só dous puntos do pechacancelas, as pontevedresas tiveron serias dificultades para facerse cun triunfo que se decidiu nos instantes finais

Partido da fase pola permanencia entre o Waterpolo Pontevedra e o Alcorcón en Rías do Sur
Partido da fase pola permanencia entre o Waterpolo Pontevedra e o Alcorcón en Rías do Sur / Cristina Saiz

Terceira xornada da fase pola permanencia en Primeira Nacional Feminina e segunda vitoria para o Waterpolo Pontevedra tras superar á Escuela Waterpolo Zaragoza por 11-13.

A pesar de que o equipo zaragozano ocupa a sexta posición a só dous puntos do pechacancelas, as pontevedresas tiveron serias dificultades para facerse cun triunfo que se decidiu nos instantes finais.

En canto ao partido, foron as visitantes as que se fixeron co primeiro parcial favorable despois de voltear o 1-0 inicial co que Izarbe Acin abriu o partido. Un gol de Irene Esteban e un dobrete de Iria Amoedo significaron o 1-3, pero dúas inferioridades numéricas case seguidas do Waterpolo Pontevedra permitiron ao Zaragoza devolver o empate.

Ao comezo do segundo parcial as locais tomaron unha vantaxe de dous goles, pero as pontevedresas mantiveron o pulso e o duelo non tardou en retornar á máxima igualdade.

Foi no último cuarto cando todo cambiou. Ainhoa Chicote anotou o empate a 9, Andrea Andión fixo o 9-10 de penalti e Kike García pediu tempo morto coinciendo coa expulsión da xogadora local Nerea Coloma. Carmen Carrera non desaproveitou a superioridade e subiu o +2 a falta de 4 minutos para a conclusión, Valentina Restrepo tamén foi expulsada, Andrea Moya apertou o marcador, pero de novo Carmen Carrera apareceu no momento indicado para facer o 10-12.

Quedaban pouco máis de dous minutos para a conclusión e o Waterpolo Pontevedra tiña que aguantar custase o que custase. A adestradora Susana Escolano parou o cronómetro, pero Iria Amoedo marcou o gol da sentenza a falta de 43 segundos.

Era a quenda das zaragozanas de atacar e Andrea Gil non perdoou, asinando o 11-13 co que o envite chegou ao seu fin.