Día atarefado nas oficinas de Pasarón. Se pola mañá o primeiro equipo levaba a cabo o primeiro adestramento da pretemporada, pola tarde o club presentaba a nova equipación que lucirán os de Yago Iglesias ao longo da campaña 2023/2024 en Segunda Federación.
A principal novidade deste ano está nas cores do segundo uniforme dos de Pasarón, que será de cor morada.
Con respecto á camista principal, o granate é o ton dominante. Os únicos detalles noutra cor están no pescozo, que é branco, e as tradicionais marcas de identidade da marca Hummel, que esta vez abandonan as mangas e sitúan as características frechas brancas no dorsal da camiseta. Ademais, a parte superior do uniforme leva estampada a versión adaptada ao Pontevedra da letra dunha coñecida canción futboleira titulada "Tanta Gloria, tanto fútbol".
O pantalón, pola súa banda, seguirá sendo de cor azul mariño, co selo de Hummel tamén nos laterais.
Con respecto á segunda equipación, o ton é un morado claro tanto para a camiseta como para o pantalón. A diferenza do outro uniforme, que o fai en cor branca, o equipamento visitante leva estampado en cor vermella tanto o escudo como a publicidade.
Un ano máis, os xogadores lucirán na parte superior das costas a bandeira de Galicia.
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) July 19, 2023