O grupo opositor sae do Consello de Administración do Pontevedra

Pontevedra
14 de novembro 2025

O Boltín Oficial do Rexistro Mercantil fixo oficial este xoves o cesamento dos conselleiros avalados polas accións do principal grupo opositor á actual xestión da entidade

José Luís Uhía 'Piscis' e José Luis Tilve
José Luís Uhía 'Piscis' e José Luis Tilve / Cristina Saiz

Cambios no Consello de Administración do Pontevedra Club de Fútbol.

O Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME) fixo oficial este xoves o "cesamento/dimisión" dos dous representantes do grupo opositor á actual xestión da entidade que contaban con representación no máximo órgano de decisión do club granate.

Trátase de José Luís Uhía Castro 'Piscis' e de José Luís Tilve, este último cesado no ano 2022 e que regresou ao Consello en decembro de 2024 facendo valer as accións de Inversiones y gestión alimenticia S.L., e Congelados y Conservas Marabal, S.L.

Así mesmo cesa como conselleiro suplente Jaime Berros Villarica.

Dáse a circuntancia que estes dous representantes do Consello de Administración xa non compareceron na última xunta de accionistas convocada o pasado mes de xullo na sala de prensa do Estadio Municipal de Pasarón.

Esa xunta fóra aprazada no seu momento á espera de xuízo por unha demanda do grupo opositor na que impuganaba as contas da tempada 22-23 e a ampliación de capital.

Nese encontro cos accionistas o conselleiro Enrique Mariño afirmou sobre a disputa xudicial aberta que "creo que pode ser favorable aos intereses do Pontevedra".

O club granate deberá convocar de novo aos seus accionistas en breve espazo de tempo para explicar as contas e o estado do club a 30 de xuño de 2025.