A sala de prensa do Estadio Municipal de Pasarón foi escenario este mércores da Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas do Pontevedra Club de Fútbol, unha reunión que foi aprazada o pasado mes de decembro pola impugnación das contas da tempada 22-23 e a ampliación de capital.
Pendentes do resultado dese xuízo propiciado por unha demanda do grupo opositor ao actual consello de administración, que "creo que pode ser favorable aos intereses do Pontevedra" segundo afirmou o conselleiro Enrique Mariño, a data da xunta foi designada por orde xudicial para poder aprobar esas contas pendentes a exercicio pechado a 30 de xuño de 2024.
"Despois de tres tempadas postcovid de perdas vólvense a dar beneficios", explicou a presidenta do club, Lupe Murillo.
En concreto presentáronse aos accionistas uns números correspondentes á tempada 23-24 en Segunda RFEF cun superávit de 43.930,66 euros en virtude a uns ingresos de 2.038.829,99 euros e uns gastos de 1.994.899,33 euros.
Ademais grazas á ampliación de capital e tamén ao cambio de catalogación dun préstamo de 360.000 euros concedido no seu momento pola Liga de Fútbol Profesional (que pasa a ser considerada unha cota a abonar en caso de ascenso a Segunda División no futuro), a débeda total do Pontevedra situouse por baixo do millón de euros, pasando do 1.671.469 euros de hai un ano aos 974.083,74 euros a 30 de xuño do pasado ano.
"Podo anticipar que a 24-25 tamén foi moi ben e o endebedamento segue baixando", completou Enrique Mariño nun comentario polo que moitos miraron cara ao ingresado pola Copa do Rei.
Na orde do día atopábase tamén a aprobación do orzamento para a tempada recentemente finalizada, a 24-25, por valor de 1.707.600 euros.
Na Xunta Xeral Ordinaria estiveron representados 61 accionistas (68,81% das accións), con ausencia do principal grupo opositor á actual xestión (Inversiones y gestión alimenticia S.L., y Congelados y Conservas Marabal, S.L) así como dos seus representantes no consello de administración, José Luís Uhía Castro 'Piscis' e José Luís Tilve.
Tampouco estiveron presentes Charles Dias e Diego Murillo.

Xunta Xeral de Accionistas do Pontevedra CF