Primeira fichaxe para o proxecto 2025-2026 do Club Cisne Balonmán na División de Honra Prata.
Tras anunciar a saída de catro pezas importantes do plantel, a entidade pontevedresa non tardou en confirmar a súa primeira incorporación, que se trata ademais dunha volta a casa.
O xogador que regresa a Pontevedra é Guilherme Linhares, lateral dereito brasileiro que xa defendeu durante dúas campañas o Cisne. Fíxoo entre 2017 e 2019, aínda moi novo.
Agora con 25 anos volve á Boa Vila adquirindo unha gran experiencia e chamado a ser un dos homes a seguir no equipo pontevedrés a próxima tempada.
Tras a súa primera etapa cisneísta, Linhares continuou a súa carreira no RK Borac Banja Luka (Bosnia e Herzegovina), HT Tatran Prešov (Eslovaquia) e HBW Balingen-Weilstetten (Alemaña) antes de fichar de novo por un equipo da liga española.
En concreto no curso 23-24 defendeu o UBU San Pablo Burgos en División de Honra Prata, e a campaña que está a piques de finalizar competiu co BM Torrelavega na Liga Asobal e en competicións europeas.
"Estou moi feliz de regresar ao Cisne, un club que sinto como a miña casa", asegura ante o lateral novo reto que asume.
Unha nova etapa na que "espero dar o mellor de min para axudar o equipo e gozar coa nosa afección dunha gran tempada", afirmou en declaracións difundidas polo club.