A cidade de Skopje (Macedonia do Norte) acolle do 20 ao 26 de xullo unha nova edición do Festival Olímpico de la Juventud Europea (FOJE), o maior evento continental para os atletas nados entre 2008 e 2009.
Para participar no campionato, a Federación Española de Atletismo deu a coñecer a súa lista de 23 convocados (11 homes e 12 mulleres), tras cumprir cos criterios establecidos polo seleccionador nacional, José Peiró, e a Dirección Deportiva da RFEA.
Dos 23 preseleccionados, o pontevedrés Hugo Casañas é unha das figuras destacadas ao contar co título de campión de España en lanzamento de disco e peso, probas nas que participará en Skopje.
Ademais, está primeiro e segundo no ranking europeo do ano, respectivamente, con 19.61 e 64.51 metros.
Xunto a Casañas, desprazaranse a Skopje para representar a España Álex Sierpes (1.500 m), Anthony Yunier Pérez (110 m valos), Diego Espeso (400 m valos), Pere Mas (2.000 m obstáculos), Nicolás Clemente (altura), Enzo Martínez (pértega), Pablo García (lonxitude), Yoel Pérez (triplo Salto), Pau Crespo (Xavelina) e Gabriel González (5.000 m marcha)
En mulleres, pola súa banda, viaxarán María Carla Retana (100 e 200 m), Aitana Navajo (800 m), Laia Cariñanos (800 m), Amanda Román (3.000 m), Jana Queralt (100 m), Debris Paniagua (2.000 m obstáculos), Aitana Alonso (altura), Lúa Arnás (lonxitude), Ana Estrella de León (triplo salto), Ariadna Andrés (peso), Belén Villarroya (disco), e María Jesús Sánchez (5.000 m marcha).
Na anterior edición, España conseguiu un total de 7 medallas, 16 finalistas e 4 semifinalistas, "un obxectivo claro a alcanzar nesta ocasión".