Hugo Chamadoira 'ascende' na Selección Española

Pontevedra
10 de setembro 2025
Actualizado: 16:59

O dianteiro pontevedrés, que esta tempada deu o salto ao xuvenil do Celta de Vigo a pesar de ser aínda cadete, foi convocado por primeira vez pola Selección Española Sub-16

Hugo Chamadoira (9), coa Selección Española Sub 15 RFEF

Novo paso adiante de Hugo Chamadoira nas categorías inferiores da Selección Española de Fútbol.

O dianteiro pontevedrés, que esta tempada deu o salto ao xuvenil do Celta de Vigo a pesar de ser aínda cadete, foi convocado por primeira vez pola Selección Española Sub-16.

Chamadoira, formado no Portero 2000 e que desde categoría infantil defende o Celta, é un dos 24 futbolistas citados polo seleccionador Hernán Pérez para un dobre amistoso contra Italia.

Os partidos terán lugar na Ciudad del Fútbol de Las Rozas os días 16 e 18 de setembro.

Ambos os dous encontros, avanza a Real Federación Española de Fútbol, poderán seguirse en directo polas súas canles oficiais.

É o terceiro chanzo que pisa Hugo Chamadoira na Selección Española.

O atacante debutou coa vermella na Sub-14, marcando un dobrete no seu primeiro encontro, e despois foi un fixo a pasada campaña co combinado nacional Sub-15.

A concentración do equipo español Sub-16 arrincará o vindeiro luns día 15 de setembro.