É só a súa segunda chamada coa Selección Española Sub-15, pero xa demostrou con fartura é o seu olfacto goleador.
Hugo Chamadoira abriu este martes 26 de novembro a goleada de España a México (4-0) conseguindo o que é xa o seu cuarto gol co combinado nacional sub-15.
O dianteiro pontevedrés, formado no Portero 2000 ata que en categoría infantil pasou a formar parte do RC Celta, xa anotara un hat-trick o pasado mes de outubro fronte a Gales no Torneo Desenvolvo UEFA.
Ademais no mes de maio conseguiu un dobrete no primeiro partido da historia da Selección Española Sub-14.
Neste caso, fronte a México, Chamadoira culminou unha xogada de estratexia á saída dun córner. Era o minuto 10 de xogo e aproveitou un servizo ao primeiro pau de Gorka Buil para adiantarse ao seu defensor e anotar.
⚽️ ¡𝐆𝐎𝐎𝐎𝐎𝐎𝐎𝐎𝐎𝐎𝐎𝐎𝐋 𝐃𝐄 𝐄𝐒𝐏𝐀𝐍̃𝐀!
— Selección Española Masculina de Fútbol (@SEFutbol) November 26, 2024
Jugada ensayada de córner que acaba con un centro al área pequeña que remata Hugo Chamadoira.
🇪🇸 1-0 🇲🇽 | 11’
📺 https://t.co/odypbSaiAf pic.twitter.com/aJpyvrW8Mp
Despois chegarían os goles de Álvaro Obarrio, Gorka Buil e Aitor Torondel para o 4-0 final.
No caso do pontevedrés, foi substituído no minuto 76 do partido entrando no seu lugar Carlos Sánchez.
Nesta convocatoria internacional Hugo Chamadoira afrontará outros dous encontros amigables, o día 28 fronte a Marrocos e o 1 de decembro contra Emiratos Árabes, todos eles a disputar na localidade alacantina de Alfaz de Pí.