Hugo García Souto, atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, brillou con luz propia no campionato de España de atletismo sub16 que se celebrou esta fin de semana en Castelló.
O deportista proclamouse subcampión de España dos 3.000 metros lisos. Logrou colgar a medalla de prata tras finalizar segundo nunha apertada carreira. O vencedor foi Forsido Tabernero (Meliz Sport Club), que marcou un tempo de 8.56:31.
Foi 18 segundos máis rápido que Hugo García Souto, para o que os seus 8.56:49 é a súa mellor marca persoal.
Por parte da Gimnástica tamén competiu Marta Barragáns, que debutou no seu primeiro campionato de España en dúas probas, os 100 metros valas e o salto de lonxitude.
O horario do campionato quixo que ambas as probas practicamente coincidisen no tempo, o que non axudou á pontevedresa.
Correu a súa serie de 100 metros vala en 16,64 segundos, un tempo que non lle permitiu clasificarse para semifinais; e en salto de lonxitude realizou un mellor salto de 5.04 metros, o que lle outorgou a undécima praza.
Natalia Meaños, pola súa banda, foi a primeira atleta do club pontevedrés en participar nestes campionatos. Foi cuarta na súa semifinal de 300 metros lisos, cun tempo de 43,54 segundos, insuficiente para clasificarse para a final.