Deixando claro desde un primeiro momento a súa polivalencia, Hugo Rodríguez (26 anos) aterra en Pontevedra para cumprir coas expectativas do club e para demostrar que a súa aposta non é equivocada. Chega procedente do Cádiz, onde non gozou das oportunidades esperadas, e comprométese co club granate ata final de tempada.
Aínda que desde o club confirmaran que a prioridade era incorporar un nove, Hugo recoñece que a súa posición natural é a mediapunta, pero "suelo desenvolver bien en todas las posiciones de ataque", sinalou na súa presentación.
O xogador andaluz, que foi titular en 12 encontros esta tempada, saíu do club gaditano ante a aposta por buscar unha "plantilla más veterana". A pesar diso destácase como "un profesional" e se nalgún momento o seu camiño crúzase co do seu ex equipo, non dubidaría en loitar ao cento por cento polo Pontevedra.
Non lle gusta definirse a si mesmo como xogador, pero destaca como puntos crave que é un "futbolista dinámico" e que lle gusta xogar entre liñas. Na súa chegada, asegura, influíu "la posición en la tabla" e a confianza depositada nel.
Tanto a presidenta Lupe Murillo como o conselleiro Roberto Feáns destacaron "la polivalencia" ofrecida polo xogador andaluz para "aportar un plus" ao equipo e ao corpo técnico.
Hugo é a terceira fichaxe invernal despois das de Vicente Company e Antonio Bello, polo que xa non se espera sumar máis incorporacións.
Desde o club consideran que, coas novas altas, contan cun plantel polivalente no que os cambios de posicións son primordiais e ofrecen moitas variantes a Luisito.