Hugo Soto deixa o Portonovo para volver ao Arosa

O Salnés
19 de xuño 2015

Cun amplo historial ás súas costas, aos seus 29 anos Hugo Soto cumprirá a súa terceira etapa no Arosa, onde xa militou nas campañas 2003/2004 e 2008/2009. Ademais, o xogador completa a súa traxectoria deportiva con estanzas no Pontevedra B e Portonovo (en ambos os dous equipos tamén en dúas tempadas diferentes), Céltiga, As Pontes e CD Boiro

Hugo Soto durante o partido entre Portonovo e Rápido Bahía en Baltar
Hugo Soto durante o partido entre Portonovo e Rápido Bahía en Baltar / Diego Torrado

Segue o Arosa dando pasos na composición do equipo de cara á próxima tempada. Tras a recuperación do canterano Rubén Martínez, que actuou cedido no Xuventú Sanxenxo, chega agora a primeira fichaxe. Trátase dunha cara xa coñecida no equipo arosista, o dianteiro Hugo Soto, que abandona o Portonovo para recalar no cadro que dirixe Piscis.

Cun amplo historial ás súas costas, aos seus 29 anos Hugo Soto cumprirá a súa terceira etapa no Arosa, onde xa militou nas campañas 2003/2004 e 2008/2009. Ademais, o xogador completa a súa traxectoria deportiva con estanzas no Pontevedra B e Portonovo (en ambos os dous equipos tamén en dúas tempadas diferentes), Céltiga, As Pontes e CD Boiro.

A pasada tempada foi peza fundamental no equipo de Baltar, sendo máximo goleador, despois de conseguir a considerable cifra de 30 goles (catro deles de penalti) aínda que quedou ás portas do ascenso. Agora recala no Arosa para cubrir a baixa que deixa Javi Pazos, a quen o club arosista deixou libre por decisión técnica.