O Arosa avanza con paso firme na renovación do seu plantel

O Salnés
29 de xuño 2015

O club arlequinado, que o venres pechou a continuidade do seu capitán Adrián Camiño, confirmou este luns as renovacións de Juanjo e Pablo Rivas

Pablo Rivas no partido entre Choco e Arosa
Pablo Rivas no partido entre Choco e Arosa

O novo proxecto do Arosa empeza a estar encamiñado. O club arlequinado avanza con paso firme na composición do plantel que intentará loitar polos postos de honra da Terceira División.

A entidade presidida por Manolo Abalo, que o pasado venres confirmou a renovación de Adrián Camiño, anunciou este luns dúas renovacións máis.

Trátase de Juan José Laíño 'Juanjo' e Pablo Rivas, que seguirán defendendo a elástica do club de vilagarcía polo menos unha tempada máis.

Ambos os dous sumarán deste modo a súa sexta campaña na Lomba.

Álex Freire, Eloy Fariña, Hugo Soto, Cardeñosa, Aitor Díaz ou Lucas Gallego son outros dos nomes xa confirmados no equipo adestrado por Piscis.