O Arosa non perde o tempo e presenta a súa nova campaña de abonados

O Salnés
02 de xullo 2015

O club arlequinado mantén o prezo do carnet de socio menos na categoría familiar para dous abonados (80 euros). O obxectivo é manter a cifra de preto de 2.000 socios para unha tempada que supón ademais o 70 aniversario do club

Os xogadores do Arosa felicitan a Quique Cubas tras conseguir un dos goles fronte ao Ribadeo na Lomba
Os xogadores do Arosa felicitan a Quique Cubas tras conseguir un dos goles fronte ao Ribadeo na Lomba / Arosa SC

Encher as gradas da Lomba coincidindo co 70 aniversario do club para empuxar ao equipo nunha tempada na que esperan pelexar por cotas ambiciosas. É o obxectivo do Arosa, que non quixo deixar pasar máis tempo para presentar a súa nova campaña de abonados.

Baixo o lema Engánchache!! a entidade de Vilagarcía pretende polo menos manter a cifra de socios actual, próxima aos 2.000.

Para iso mantén a maioría de prezos, salvo a categoría Familiar 2, que pasa a custar 80 euros. Ademais amplíase o número mínimo de peñistas necesarios para acceder ao desconto desta categoría.

Os prezos de tempada son:

  • Individual: 50 euros
  • Familiar 2 carnés: 80 euros
  • Familiar 3: carnés: 100 euros
  • Familiar 5 carnés: 150 euros
  • Socio especial: 100 euros
  • Comercio Colaborador: 50 euros
  • Peñas: 30 euros

 

Os prezos serán comunicados aos socios na próxima asemblea, na que ademais se pedirá permiso para habilitar polo menos dous medios día do club ao longo da tempada.

A campaña complétase cun vídeo promocional elaborado por SV Produciones Escénicas.