Quenda para as baixas no Arosa

O Salnés
02 de xullo 2015

O club arlequinado comunicou que Quique Cubas, Santi e Nando non continuarán no equipo a próxima tempada

Quique Cubas nun partido do Arosa
Quique Cubas nun partido do Arosa / Diego Torrado

Continúan os movementos no Arosa. Tras os anuncios de renovacións e novas fichaxes, nas últimas horas a directiva que preside Manolo Abalo confirmou a baixa de varios futbolistas.

Un deles é o dianteiro pontevedrés Quique Cubas, que non renovará e escollerá novo destino despois de dúas tempadas en Vilagarcía nas que as lesións mermaron o seu rendemento.

Tampouco seguirá o canteirán Santi tras 14 tempadas no club, ao igual que Nando, que tamén se desvincula do club. O que si renovou foi Vixo.

Por outra banda a entidade arlequinada non só rastrexa o mercado na busca reforzos para a parcela deportiva, senón que tamén busca un novo adestrador de porteiros que complete o corpo técnico tras a saída de Iago Farto.

O que si continúa xunto a Piscis é o preparador físico Ezequiel Rey.