Iago Rodríguez, sexta peza confirmada para o Teucro 21-22

Pontevedra
25 de xuño 2021

A primeira liña é a sexta renovación no equipo adestrado por Irene Vilaboa para afrontar a próxima tempada na División de Honra Prata

Iago Rodríguez, no partido entre o Teucro e o Zamora no Pavillón Municipal
Iago Rodríguez, no partido entre o Teucro e o Zamora no Pavillón Municipal / Cristina Saiz

Paso a paso a Sociedad Deportiva Teucro vai confirmando as pezas que compoñerán o seu novo proxecto deportivo na División de Honra Prata.

A quenda este venres foi para Iago Rodríguez, sexta renovación no plantel azul.

O primeira liña, formado nas categorías inferiores do club, regresou ao Teucro na campaña 2018-2019 para formar parte do filial despois de pasar por Rasoeiro, Artai e Balonmán Pontevedra, debutando a pasada campaña en Prata.

"É un xogador que destaca polo seu traballo na sombra, a súa intelixencia táctica, e pola súa destreza de facer xogar, ademais conta cun aliciente engadido, leva o sentimento teucrista por bandeira", sinala a entidade pontevedresa sobre el.

Pola súa banda Iago recoñece que "son un do veteranos pero síntome como un neno con zapatos novos ao poder estar no primeiro equipo gozando de cada oportunidade".

Xunto a el foron confirmados por agora Pedro Sánchez, Caue Herrera, Miguel Sío, Alejandro Gómez e Víctor Deco.