Importante partido para o Poio FS na visita do Gironella

Poio
13 de marzo 2015

As vermellas buscan, tras tres derrotas consecutivas, un triunfo que as distancie da zona de descenso que marca precisamente o seu próximo rival. O partido disputarase este sábado ás 18:30 horas

Adestramento do Poio FS 2014/2015
Adestramento do Poio FS 2014/2015 / PontevedraViva

O Poio Fútbol Sala retoma a competición tras unha semana de descanso co obxectivo de distanciarse definitivamente dos postos de descenso.

As vermellas contan con 10 puntos de renda sobre a fronteira que marca o seu rival deste sábado, o Gironella catalán (18:30 horas no Pavillón da Seca), polo que un triunfo as colocaría nunha cómoda posición para afrontar o tramo final de liga.

Para iso as xogadoras adestradas por Gonzalo Iglesias 'Morenín' deberán sobrepoñerse ás últimas tres derrotas e superar o plantexamento do seu rival, no que destaca a achega da internacional Claudia Pons.

A convocatoria do técnico pontevedrés será a habitual das últimas citas con Silvia, Irene, Charo, Elena, Jenny, Souza, Paloma, Tania, Yoly, Nere Moldes e Claudia.