O Tenis de Mesa Monte Porreiro sumou este domingo o seu segundo triunfo da tempada, unha vitoria importante para afastarse dos postos de play-off pola permanencia e empezar a mirar cara arriba na táboa.
O conxunto pontevedrés superou no pavillón de Príncipe Felipe ao CER L'Escala por un tenteo de 4-2, e con 4 puntos colócase na terceira posición do seu grupo con 4 puntos, en posto de entrar na fase polo título.
A pesar de que o encontro comezou en contra coa derrota de Ilia Isakov ante o exipcio Mohamed Elsayed, Miguel Ángel Vílchez e Nico Galvano deron a volta ao marcador vencendo a Ramil Mutygullin e a Norbert Tauler.
O L'Escala puxo despois o 2-2 ao superar o seu xogador Ramil Mutygullin ao local Isakov antes de que chegase o duelo clave da xornada. Nico Galvano medíase a Mohamed Elsayed, un dos mellores xogadores da liga, e superáballe nun emocionante partido a cinco mangas, poñendo despois Miguel Ángel Vílchez o definitivo 4-2 no marcador.
Tras esta xornada o Monte Porreiro non volverá competir na Superdivisión ata o mes de xaneiro, concretamente o día 9 coa visita do Arteal compostelán a Pontevedra.
A fin de semana foi ademais redondo para o club da Boa Vila cos triunfos dos seus dous equipos de División de Honra, o feminino ao vencer 3-4 en Vigo ante o Illas Cíes e o masculino ao superar tamén por 4-3 o AD Vincios.