Seguen as renovacións no Arosa SC.
O club arlequinado confirmou nas últimas horas a continuidade de dous futbolistas máis, o que fai subir a nove a lista de xogadores asegurados para o seu novo proxecto deportivo na Terceira RFEF.
Trátase ademais de dous homes con peso no equipo nas últimas tempadas, como Iñaki Martínez e Antón Concheiro.
"O Arosa é a miña casa e eu quero estar no Arosa. Estar nun lugar onde che sintes valorado e es feliz é moi difícil de atopar, pero aquí atopeino", explicou tras a súa renovación Iñaki.
O extremo, que afrontará a súa cuarta campaña consecutiva na Lomba, cre que o obxectivo debe ser "dar un paso á fronte todos e saber que somos capaces de moito".
Antón Concheiro pola súa banda afrontará o seu terceiro curso no club arlequinado.
"Decidín renovar polo que significa representar a este club e polo feliz que me atopo aquí", asegurou.
Ambos os dous súmanse desta forma a un plantel arosista na que xa estaban confirmados Luís Castro, Samu Santos, Rivera, Javi Rey, Martín Diz e os fichados Edgar e o porteiro Chema.