Luis Castro, quinta renovación no Arosa

Pontevedra
25 de xuño 2025
Actualizado: 13:07

O lateral continuará un ano máis no club no que se formou. É a sétima peza confirmada no novo proxecto arosista

Luis Castro, renovado polo Arosa
Luis Castro, renovado polo Arosa / Arosa SC

O Arosa asegúrase a continuidade dun xogador da casa.

Luis Castro converteuse na quinta renovación do conxunto arlequinado para a próxima tempada, polo que seguirá no club no que se formou.

"Para min esta é a miña casa e estou moi contento de seguir aquí", afirmou o futbolista en declaracións ao club da Lomba.

"É moi importante darlle continuidade aos proxectos e iso é o que se está facendo. Hai unha boa base da tempada pasada", defende o lateral.

Castro disputou o curso recentemente finalizado 29 encontros, 28 deles como titular, achegando dous goles.

O novo futbolista é a sétima peza confirmada polo Arosa.

Súmase aos tamén renovados Samu Santos, Rivera, Javi Rey e Martín Diz e os fichados Edgar e o porteiro Chema.