Nova confirmación no Arosa en forma de renovación.
José Rivera seguirá na Lomba unha tempada máis, no que será o seu segundo curso consecutivo como xogador do primeiro plantel arosista.
Na liga recentemente finalizada chegou a participar en 33 encontros, 23 deles como titular e sumando 9 goles.
"A decisión foi fácil porque estou moi contento de xogar aquí", explicou o dianteiro en declaracións difundidas polo Arosa.
"Para min é un orgullo enorme porque sinto o agarimo da xente e tamén teño a confianza do club e iso dáme moita forza para tentar conseguir cousas bonitas este ano", engade.
A súa decisión de continuar vincúlase ademais a un proxecto deportivo que ve interesante, asegurando que "creo que avanzamos na dirección correcta".
Rivera é o quinto futbolista confirmado polo club de Vilagarcía para a próxima tempada.
É a terceira renovación xunto a Javi Rey e Martín Diz, uníndose ás fichaxes do defensor Edgar e o porteiro Chema.