O Arosa SC acelera na planificación do seu novo proxecto, e este mércores presentou de maneira oficial á súa segunda fichaxe.
Tras a renovación de Martín Diz primeiro e a chegada despois do gardameta Chema, agora tocoulle a quenda á liña defensiva.
O recentemente chegado é Edgar Jesús Redondo Cabado, coñecido futbolísticamente como Edgar.
Central zurdo de 28 anos, o lucense chega ao conxunto arlequinado tras defender a última campaña o Racing Villalbés na Terceira RFEF, co que disputou o play-off de ascenso.
Antes pasara por equipos como a SD Sarriana, Viveiro ou Arzúa.

"Tiven ofertas pero me decantei por esta porque me parece un proxecto ambicioso", recoñeceu Edgar na súa presentación oficial no estadio da Lomba.
"Encántame o ambiente que se vive no campo. Estou moi feliz de estar aquí", asegura.
No que respecta ao seu xogo "creo que dentro do campo tento ter liderado, axudar os meus compañeiros, creo que son forte nas disputas e co balón creo que teño bo trato", explicou o novo futbolista arosista.