O novo proxecto do Arosa SC empeza por casa.
A primeira renovación oficial no plantel arlequinado é a dun futbolista de Vilagarcía como Martín Diz.
O atacante afrontará desta forma a súa terceira campaña consecutiva na Lomba.
"O proxecto que hai para este ano e a visión de futuro que ten o club creo que é a ideal para poder seguir mellorando e crecendo individualmente tamén. Estanse dando os pasos correctos para facer cousas bonitas", asegurou o futbolista en declaracións difundidas polo club.
"Ter a confianza de toda a xente para quedar é un orgullo e véxoo como unha moi boa oportunidade para seguir progresando", afirma.
Renova, iso si, con ambición, e é que o Arosa "sei que quere seguir crecendo e quero formar parte diso".
Na tempada recentemente finalizada Diz foi o xogador con maior número de minutos disputados.
En concreto participou en 34 partidos, 32 deles como titular sumando 5 goles.