Iñaki Cañal, da Gimnástica, contribúe ao cuarto posto da remuda española no europeo de Múnich

Pontevedra
22 de agosto 2022

O atleta da escuadra pontevedresa formou pate, na primeira posta, do equipo español de substitucións que bateu o récord de España

Iñaki Cañal, atleta de la Gimnástica, co equipo do 4x400 no europeo de atletismo Múnic 2022
Iñaki Cañal, atleta de la Gimnástica, co equipo do 4x400 no europeo de atletismo Múnic 2022

O atletismo español deixou no Campionato de Europa disputado en Múnic un doce sabor de boca. E un dos que contribuíron a esta destacada actuación forma parte da Sociedad Gimnástica. Iñaki Cañal competiu no 4x400 de remudas que bateu o récord nacional pero que non foi suficiente para repetir o bronce de hai catro anos en Berlín.

O cuarteto español formado por Iñaki Cañal, Lucas Búa, Óscar Husillos e Samuel García logrou a mellor marca española de todos os tempos cun rexistro de 3:00.54. Por 11 centésimas bateron a anterior plusmarca que xa levaba o nome de tres deles, todos menos Cañal, que foi o último en unirse ao equipo.

O ximnástico entrou na remuda en substitución de Manuel Guijarro e correu a primeira posta en 45.93, entregando a remuda a Lucas Búa en sétima posición. O toledano completou unha fantástica volta en 44.85 para remontar unha posición e darlle o 'pau' a Óscar Husillos, que realizou unha posta sensacional en 44.71 (a segunda mellor dos oito terceiros relevistas) para subir unha posición. Samuel García puxo o peche á actuación española cun último 400 m en 45.05 que permitiu ao equipo nacional escalar ata a cuarta praza e acabar con récord en 3:00.54.

Gran Bretaña gañou o ouro con 2:59.35, Bélxica a prata con 2:59.49 e Francia o bronce con 2:59.64.