O Arosa segue dando forma ao seu proxecto en Segunda Federación coa continuidade dunha das súas pezas máis destacadas.
Trátase do centrocampista mexicano Iñaki Martínez, que cumprirá a súa quinta tempada en Vilagarcía tras ser un dos protagonistas no recente ascenso do equipo.
"Non podía estar noutro sitio que non fora este. Desde o primeiro momento sentín súper acollido e iso é impagable", asegurou o xogador.
Iñaki foi un dos nomes propios do curso pasado, especialmente pola súa participación na remontada ante o Céltiga, que permitiu ao Arosa proclamarse campión de Terceira Federación.
Este logro, recoñece, aínda non o asimila.
"Aínda non son consciente do que conseguimos despois de catro anos tentándoo", indicou.
Co ascenso xa no peto, o centrocampista mira cara a unha categoría que obrigará a elevar o nivel e que prevé complicada, sobre todo polos desprazamentos.
"Os retos están para superalos e creo que temos moitísima ilusión para afrontalos", asegura.
Agora, engade, "toca seguir recargando pilas para que, cando chegue o día, só pensemos no obxectivo".